AGADIC resolve a primeira quenda das axudas á distribución

Distribuíronse 246.315 euros dos 435.000 cos que está dotada a convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias culturais resolveu a primeira quenda de axudas á distribución de espectáculos teatrais e musicais. Son 246.315 euros dos 435.000 euros dos que consta a convocatoria de 2017, e que se distribúen en diferentes categorías (representacións fóra de Galicia, representacións en feiras ou festivais fóra de Galicia, asistencia a feiras ou distribución dentro de Galicia). Deste xeito, os artistas que recibiron un maior importe foron Carlos Núñez e Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre, con preto de 25.000 euros cada unha destas propostas. No ámbito galego, é o teatro e a danza os que obteñen unhas contías maiores, como Voadora, que percibe algo máis de once mil euros para a xira interior ou Excéntricas, que consegue máis de 16000 euros para as representacións do espectáculo de Valle-Inclán A cabeza do dragón. En total, AGADIC subvenciona nesta quenda 301 actuacións escénicas, concertso e accións de promoción da cultura galega en dezanove países.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Carlos Núñez, Xabier Díaz, Teatro...