Co comezo deste mes a Axencia Galega das Industrias Culturais deu a coñecer a resolución da primeira quenda de axudas a actividades de distribución para industrias culturais, que beneficiaron a un total de 34 proxectos. A resolución distribuirá un total de 195.492 euros entre proxectos escénicos e musicais para xiras e representacións tanto dentro como fóra do noso paÃs. Entre as propostas seleccionadas, a máis beneficiada é a xira do gaiteiro Carlos Núñez, que recibe 25.000 euros nesta convocatoria. Séguenlle as compañÃas de teatro Malasombra, con 15.000 euros e Redrum, con 14.349; TÃteres Cachirulo con 12.562, e a xirda a Orquestra Malabares de Pistacatro, con 11.792.