A AGADIC completa as axudas á distribución para empresas culturais

Nesta terceira resolución a axencia distribúe 76.233 euros entre 33 proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer onte a terceira e última resolución das axudas á distribución e promoción exterior para as industrias culturais. A AGADIC distribúe nesta xeira 76.233 euros entre 33 proxectos, aos que apoia na asistencia a feiras e festivais, xiras fóra de Galicia e representacións no noso propio país. Con esta convocatoria, a Axencia completa as axudas previstas para este ano, e salienta que en total a convocatoria achegou 334.484 euros a 54 empresas que distribuirán un total de 104 propostas de exhibición de espectáculos escénicos e musicais.

Nesta última convocatoria a xira española de Vetusta Morla, coordinada por Esmerarte Industrias Creativas, é a que leva unha maior axuda, cun total de 18.874,26 euros. Mar Maior producións, pola súa banda, acumula máis de 25.000 euros para as xiras e actuacións de Luar na Lubre en diferentes escenarios de España e Iberoamérica. A distribución de Ogrocho, de Teatro de Ningures en Galicia, recibiu pola súa banda 4.322 euros.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais, Teatro, Luar, Teatro de Ningures...