Abre o prazo das subvencións á distribución para industrias culturais

A AGADIC incrementa un 20 por cento a contía destas axudas

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Apoiar a distribución de espectáculos escénicos e musicais, tanto dentro como fóra do país, e contribuír a que as industrias culturais galegas asistan a feiras e mercados internacionais. Estes son os obxectivos da convocatoria de subvención que daba a coñecer a semana pasada a Axencia Galega das Industrias Culturais. En total, os interesados en concorrer á convocatoria poden optar a un total de 420.000 euros, un 20% máis do orzamento do pasado ano. Do orzamento, 310.000 euros están dirixidos a accións que se realicen fóra de Galicia, mentres o resto oriéntase a actividades no país. O prazo está aberto ata o vindeiro 31 de agosto para aquelas actividades desenvolvidas entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais