Un total de dezaseis festivais musicais e dez de artes escénicas reparten as axudas a festivais nestes ámbitos que convocou a Axencia Galega das Industrias Culturais. O web desta entidade daba a coñecer este catro de xullo a resolución desta convocatoria á que se adhiren algunhas das principais citas neste ámbito e que reparte 360.000 euro no ámbito musical e 215.000 para os eventos de artes escénicas.
No campo das artes escénicas o FIOT de Carballo encabeza as concesións, cunha suma de 49.276 euros. A Mostra de Teatro de Cangas, con 35.746 é a seguinte cun maior importe, co festival Galicreques e os seus 31.047 euros en terceira posición. O FITO de Ourense, con 25.396, o festival Titiriberia, con 24.973, o festival Singular de monólogos, que obtivo 12.872, e o Festival de TÃteres de Redondela (12.774) continúan a listaxe de adxudicacións. Fechan a mesma o Festiclown de VilagarcÃa, o Porta Máxica e o Desfoga.
O Revenidas, cunha axuda de 38.795 euros, é a cita musical que conseguiu un maior apoio nesta convocatoria. Ségueno o Resurrection Fest, con 34.847 e o SonrÃas Baixas, que obtivo 33.847. O Atlantic Fest (29.146), o Portamérica (28.703) e o 17º Ribeira Sacra, con 26.012 seguen na listaxe dos máis apoiados. Tamén conseguiron subvencións o Maré (25.988) o Festival de la Luz (23.731), o Wos (23.014) ou o Sinsal Son Estrella Galicia (20.411). Completan a listaxe citas como o Barbeira Season Fest, o Underfets, o Ouren sound, o Fisterra Blues Experience, o Vive Nigrán e o Caudalfest.