Un total de doce festivais profesionais de artes escénicas reparten as subvencións que a Axencia Galega das Industrias Culturais lle dedica a estas citas. En total os 280.000 euros de orzamento con que conta esta convocatoria apoian a realización de eventos como Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que acaba de rematar a súa última xeira e que sumou un apoio de 57.297,04 euros.
A esta cita séguelle outra clásica das nosas táboas, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, que obtén 50.815,84 euros. Dúas citas de tÃteres, Galicreques con 36.489,95 euros e Titiriberia, que leva 28.941, continúan na listaxe das que reciben máis apoios.
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), con 26.033,71 euros, o Festival Singular de Monólogo Teatral de Ferrol, que leva 22.022,07, o Sacra Festival (16.351,45) e o Festival de TÃteres de Redondela (15.908,95) son os seguintes con maiores adxudicacións.
Fechan a listaxe de propostas beneficiadas o Festaclown de VilagarcÃa a levar 9.370,11 euros, o Desfoga, que se celebra en Cambados e que obtén 7.807,13 euros, a Mostra de Teatro Galego de Cariño, cos seus 5.236,26 e mais o Danza no Clausto, na provincia de Ourense, que suma 3.726,50. A Agadic incrementou nun 30,2% a dotación desta liña de axudas a respecto da edición de 2023.