Seis festivais de cinema reparten as subvencións da AGADIC

Play-Doc, Curtocircuíto, Cans, (S8), FICBUEU e Freakemacine son as citas beneficiadas

13/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) facía pública esta mañá a resolución de axudas a festivais audiovisuais. Un total de seis citas deste tipo repartirán os 105.000 euros da convocatoria, que incrementou nun 16% a súa contía a respecto do ano anterior. Play-Doc, Curtocircuíto, Cans, (S8), FICBUEU e Freakemacine son os eventos que conseguiron apoio público para as súas novas edicións. Play-Doc, con 24.395,08 euros é o que obtivo unha maior axuda, segundo polo XVIII Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, con 22.789,36 euros e Cans, que conta cun financiamento de 22.218,76. A sétima edición (S8) levou 18.076,25 euros, o FIC de Bueu 12.366 e o VIII Freakemacine fíxose con 5.153,78.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Play-Doc, Curtocircuíto, Bueu...