A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer na mañá desde 8 de xuño a resolución da convocatoria de Subvencións a festivais do sector audiovisual, dotada con 200.000 euros. Un total de catorce citas deste tipo reparten as axudas, co Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui a encabezar o apoio ao obter 36.930,96 euros. Ségueno o Festival Internacional de Cinema CurtocircuÃto de Santiago de Compostela con 36.240, (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, que suma 29.624 e mais o Festival de Cans, no Porriño, ao que se lle adxudicaron 28.419,73 euros.
O resto de citas beneficiarias da convocatoria foron o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (16.984,10 euros), Festival Carballo Interplay (14.584,09 euros), Novos Cinemas-Festival Internacional de Cinema de Pontevedra (9.949,08 euros), 43ª Semana de Cine de Lugo (7.350,09 euros), Intersección-Festival de Arte Audiovisual Contemporánea, na Coruña, (7.042,72 euros), MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, (5.171,44 euros), 6º Festival Internacional de Curtametraxes de VerÃn (3.220,89 euros) e mais os eventos que se celebran en Vigo VI Festival de Cine Inclusivo (2.239,77 euros), Festival Primavera do Cine (1.376,07 euros) e Galician Freaky Film Festival (866,45 euros).