A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no apartado de avisos e axudas do seu web a relación dos oito certames adxudicatarios en 2018 da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual. Trátase de Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, Festival Internacional de Cinema CurtocircuÃto (Santiago de Compostela), Festival de Cans (O Porriño), (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, Festival Carballo Interplay, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo de Santiago e Chanfaina Lab (San Sadurniño). Entre eles distribúense, en diferentes contÃas, os 140.000 euros reservados a estas axudas, cuxa dotación experimentou un aumento do 21,7% respecto a 2017, reforzando asà a liña ascendente dos últimos anos, con incrementos no seu orzamento do 9,5% en 2017 e do 16% en 2016.
Atrás quedou a polémica xurdida o pasado ano pola ausencia nas adxudicacións destas axudas de varios festivais ao ver Agadic "defectos de forma" na entrega de documentación. Finalmente a meirande destes festivais acadaron axudas públicas a través doutros mecanismos ou partidas e retiraron os recursos que se Ãan interpor contra a resolución. Este ano, en concreto, apóiase con 28.863 euros o XIV Play-Doc, con 25.493 euros o XV CurtocircuÃto, con 25.234 euros o XV Festival de Cans, con 21.117 a novena mostra (S8) e con 17.158 a undécima edición do festival de curtas de Bueu, asà como tres encontros que se incorporan por vez primeira á listaxe de adxudicatarios: o V Carballo Interplay (14.510 euros), XII MICE (4.068 euros) e V Chanfaina Lab (3.553 euros).