Dez festivais audiovisuais reciben as axudas da Agadic

Oito deles están organizados desde asociacións culturais

A convocatoria de axudas a festivais e mostras audiovisuais da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia ven de resolverse, beneficiando a 10 destas citas. Entre elas repártense os 300.000 euros de orzamento destinados a apoiar a consolidación do circuíto galego de estes eventos. Son oito asociacións culturais, o concello de Carballo e o Museo do Pobo Galego as beneficiarias este ano, con cantidades que oscilan entre os 48.265,73 destinados ao Play-Doc de Tui e os 9.561,64 para a Mostra Internacional de Cinema Etnografico do Museo do Pobo Galego.

Ademais destas dúas citas, benefícianse as edicións deste ano do Carballo Inter-Play, o Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa; Festival de Cans; FiC de Bueu; Galician Freaky Festival,d e Vigo; Intersección da Coruña; o festival Novos Cinemas, de Pontevedra e o S8 da Coruña. Por diversos motivos recollidos na resolución, quedaron fóra este ano o festival Mares da Fin do Mundo; o FIC Andaina; o Curtocircuíto de Santiago de Compostela e o Olloboi. No sitio da Agadic pode consultarse a resolución coas valoracións.