Oito mostras galegas de teatro, danza e circo son as beneficiarias este ano da convocatoria de subvencións da Xunta a festivais de artes escénicas, segundo a resolución publicada hoxe no web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), coa que remata o proceso de adxudicación por concorrencia competitiva para este tipo de eventos. Os beneficiarios son o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, con 50.000 euros; o Festival Internacional Galicreques de Santiago, con 34.200 euros; a Mostra de Teatro de Cariño, con 22.430,22 euros; o Festiclown de VilagarcÃa de Arousa, con 15,689,80 euros; o Festival de Teatro Galego do Carballiño, con 15.000 euros; o Festival Internacional de TÃteres de Redondela, con 10.000 euros, o Festival Corpo(A)Terra de Ourense, con outros 10.000 euros; e o Festival das Núbebes de Pontevedra, con 7.903 euros.
A Agadic convoca cada ano estas axudas xunto ás destinadas a festivais de música, que se atopan nestes momentos en trámite de resolución. A dotación global para 2019 é de 530.000 euros, dos que 340.000 se reservan para os eventos musicais e 190.000 para os escénicos. Desta última contÃa, adxudicouse finalmente un importe menor ao convocado (165.224 euros), xa que non se recibiron proxectos suficientes que cumpriran todas as condicións requiridas. Respecto á resolución da convocatoria do pasado ano, que tamén foi para oito eventos, entraron na lista o Festival Corpo(A)Terra de Ourense e o FETEGA do Carballiño, pero non están dentro deste reparto o FITO de Ourense nin a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, por exemplo, que si estiveron dentro de anteriores adxudicacións outros anos.