A AGADIC reparte 160.000 euros entre nove festivais escénicos

A FIOT de Carballo, a FITO de Ourense ou o Alt Vigués son algúns dos beneficiados

A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer onte a resolución das súas subvencións as mostras profesionais de artes escénicas. En total repartiu unha contía de 160.000 euros entre nove das citas máis destacadas do noso calendario escénico. O FIOT de Carballo, o FITO de Ourense, a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Galicreques de Santiago, o Festival de Títeres de Redondela, o Alt de Vigo, o Corpo(a)terra de Ourense, o Festiclown de Noia e mais Ponte na Escena de Gondomar distribuirán as axudas.

En concreto, será o XXIV Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo o que perciba a maior axuda, cunha contía de 39.146,50 euros. Ségueo o VIII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que leva 25.388,34 euros e a XXXII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que obtén 23.447,41 euros destas axudas.