AFEARTE, a asociación que agrupa a 14 destacados festivais de artes escénicas de Galicia veñen de emitir un comunicado no que reivindican unha serie de medidas e protocolos de actuación ás administracións públicas ante o momento actual. MITEU Ourense; FIT Redondela, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Corpo (a) terra, MIT Ribadavia, Festaclown, Mostra de Teatro Galego de Cariño, Fetega Carballiño, Galicreques, FITO Ourense, FIOT Carballo, MOTI Ourense, Festival Núbebes e Manicómicos con os eventos que conforman esta asociación e que están a solicitar que as administracións tomen medidas concretas para estar á altura e retomar as actividades culturais “cando sexa posible” de tal xeito que as medidas permitan "tanto ao público como á organización dos festivais os recursos, a seguridade, a flexibilidade burocrática e o estÃmulo para poder tender a certa normalización", din desde AFEARTE.
A asociación solicita coordinación e consenso na toma de decisións das institucións con competencias en Cultura, nomeadamente piden da Xunta de Galicia "transparencia e ecuanimidade" á hora de incluÃlos nas reunións sectoriais que se poidan levar a cabo para xestionar esta crise. O colectivo de festivais propón medidas concretas a ter en conta polo departamento autonómico de Cultura para guiar o rumbo das polÃticas culturais con respecto aos festivais escénicos. No relativo aos orzamentos públicos dedicados aos festivais previstos AFEARTE propón o seu mantemento Ãntegro e que no caso de non poder realizarse os eventos a partida de 2020 poida servir para incrementar a de 2021, nun reforzo que duplicarÃa a súa capacidade dinamizadora. Ademais a asociación reclama tamén medidas de flexibilidade burocrática sobre as bases de convocatorias e axudas que se adapten á situación e permitan manexar prazos de execución máis amplos que os previstos "para ter en conta posibles aprazamentos ou modificacións do plan de actividades". Os organizadores dos eventos escénicos reclaman tamén axudas para prover do "marco sanitario, persoal e material, para poder desenvolver os protocolos de limpeza e sanidade necesarios para o seguro desenvolvemento da actividade mentres sexa necesario".
Narradores orais reivindican axudas directas
O Colectivo de Narración Oral Galega (NOGA) tamén expuxo nunha reunión ante o director xeral de PolÃticas Culturais da ConsellerÃa de Cultura e Turismo, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, as súas preocupacións, reivindicación e propostas. Os narradores e contacontos presentou tres tipos de propostas que van desde as máis urxente ás de medio e longo prazo para asegurar a actividade cultural e lingüÃstica a través das súas representacións. Os representantes de NOGA expuxeron a necesidade de inxección de liquidez no colectivo mediante o pago total ou parcial das actuacións xa presupostadas, contratadas ou reservadas para os meses de marzo, abril e maio seguindo o modelo adoptado polo PaÃs Vasco coa fin de soster o tecido cultural. Tamén solicitaron da Xunta a concesión de préstamos a fondo perdido para todo o colectivo como compensación á situación de inactividade laboral que sufrirá o gremio unha vez finalizado o estado de alarma debido ás medidas restritivas que impedirán o agrupamento ata finais de ano. A medio prazo o colectivo de narración oral solicitou a promoción dunha campaña de consumo cultural. A longo prazo desde NOGA propoñen a creación dunha rede de espazos de narración oral por toda Galicia, cuxo deseño presentará o colectivo nas vindeiras semanas. Desde a secretarÃa xeral xa anunciaron a vindeira presentación dunha plataforma web de contidos onde se contarÃan historias de maneira remunerada.