Oitos festivais escénicos reparten 180.000 euros de axudas da Agadic

A listaxe inclúe eventos clásicos como o FIOT de Carballo ou a Mostra de Teatro de Cangas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

O FIOT de Carballo, a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, o Galicreques de Santiago, o FITO de Ourense, a Mostra de Teatro Galego de Cariño, o Festiclown de Vilagarcía, o Núbebes de Pontevedra e o Festival de Títeres de Redondela son os eventos que reparten os 180.000 euros das subvencions a festivais de artes escénicas e de música que convocou a Axencia Galega das Industrias Culturais. A resolución outorgoulle un total de 50.000 euros aos 27º Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, mentres a 35ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas levou 39.405 euros. O 22º Festival Internacional Galicreques de Santiago recibe 26.471 euros mentres para o 11º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) van 24.445. A convocatoria ten pendente de resolver a parte dedicada a festivais musicais,

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, FIOT, Cangas, Carballo...