As axudas da administración autonómica á celebración de festivais audiovisuais manteñen a liña ascendente e sólida dos anteriores exercicios e volven medrar neste 2022. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) ven de publicar hoxe no Diario oficial de Galicia unha nova convocatoria que incrementa a partida anterior en 10.000 euros, marcando un novo máximo de 210.000 euros para os eventos a celebrar neste ano. En concreto, o incremento vai dirixido a aqueles festivais audiovisuais organizados desde as asociacións, ás que van destinados 170.000 euros da partida (160.000 no pasado ano), repartÃndose os outros 40.000 a partes iguais entre empresas e entidades locais.
O obxecto destas axudas e o apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas caracterÃsticas, teñan un interese estratéxico para o sector. Para os efectos desta convocatoria, entenderanse por festivais aqueles certames, semanas e mostras que teñan por obxecto a promoción e difusión da produción cinematográfica e audiovisual e se celebren en Galicia. No pasado ano foron 14 os eventos que acadaron axudas desta convocatoria.