Agadic aumenta o orzamento destinado a festivais audiovisuais

Publícanse hoxe no diario oficial as bases da convocatoria de subvencións

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia ven de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia as bases de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia para o ano 2019. Agadic destina este ano un crédito global de 170.000 euros, o que supón un aumento de 30.000 euros respecto á anterior convocatoria e manter a liña ascendente destas partidas que leva aumentando desde 2016 ininterrompidamente. Os festivais que aspiren a obter estas axudas deben ter a súa celebración entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019, ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións e que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xunta de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais