A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual para 2020 cunha dotación de 190.000 euros, o que supón un incremento de máis dun 11% respecto á de 2019. Os festivais audiovisuais proliferan polas localidades galegas dando presenza e saída a diversos xeitos de achegarse ao audiovisual. Só dentro da coordinadora de festivais Proxecta hai 14 destes eventos, pero fanse aínda moitos máis. As bases da convocatoria especifican que esta se dirixe tanto a persoas físicas e xurídicas privadas como a entidades locais organizadoras de certames, semanas ou mostras celebradas entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020, sempre que conten cunha duración mínima de catro xornadas (cando menos, con 20 proxeccións), e teñan realizado tres edicións consecutivas en anos anteriores. Entre outros requisitos, a proposta de programación debe conter o cinco por cento de títulos ou cinco sesións de produción cinematográfica e/ou dirección galegas. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá día 18 de decembro e ata o 17 de xaneiro
Ademais disto, e en relación tamén co audiovisual Agadic publicou na súa web a relación de produtoras e distribuidoras beneficiarias tanto das axudas á difusión en festivais e mostras nacionais e internacionais, como á asistencia a mercados e foros estratéxicos para o sector. Complétanse así as adxudicacións ao abeiro do devandito programa anual de axudas ao noso audiovisual, neste caso con máis de 33.000 euros para diferentes accións promocionais desenvolvidas por produtoras galegas en 10 recoñecidos certames do circuíto internacional con motivo da selección dos seus filmes. As devanditas produtoras recibiron diferentes contías destinadas, entre outros gastos, a campañas de publicidade, elaboración e transporte do material de promoción específico, contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa para o evento, desprazamento e estadía no festival dun máximo de cinco persoas do equipo, e tiraxe e/ou subtitulado das copias.
Por outro lado, foron 25 as compañías subvencionadas na convocatoria para a asistencia a mercados e foros, que se puxeron en marcha por primeira vez este ano co obxectivo de sistematizar o apoio económico á presenza de produtoras e distribuidoras galegas en feiras estratéxicas para a industria do cinema e da televisión a nivel mundial. Neste caso, destináronse máis de 26.500 euros a sufragar parte dos gastos da asistencia dunha persoa por empresa (desprazamento, aloxamento e inscrición) a mercados como o European Film Market de Berlín, Sunny Side of the Doc na Rochelle (Francia) e Marche du Film, MIPCOM e MIPTV en Cannes.