A Axencia Galega das Industrias Culturais publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases das súas subvencións de 2018 para festivais galegos do sector audiovisual, ás que destina un orzamento de 140.000 euros. Esta contÃa supón un aumento do 21,7% na súa dotación respecto a 2017, reforzando asà a liña ascendente dos últimos anos nas contÃas reservadas para estas axudas, con incrementos do 9,5% en 2017 e do 16% en 2016. Entre os requisitos para optar ás subvencións están que estes festivais teñan lugar entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018, posúan unha duración mÃnima de catro xornadas con polo menos 20 proxeccións e teñan realizado tres edicións consecutivas anteriores á publicación da convocatoria. Ademais, cómpre que a programación proposta conteña un cinco por cento de tÃtulos ou cinco sesións de filmes producidos en Galicia ou dirixidos por profesionais galegos.