A Axencia Galega das Industrias Culturais fixo públicas no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases das súas subvencións a festivais do sector audiovisual, para as que en 2017 reserva un orzamento de 115.000 euros. Esta cifra supón un aumento de 10.000 euros na súa dotación respecto a 2016, polo que se mantén unha liña ascendente por segundo ano xa que na convocatoria de 2015 a dotación era de 90.000 euros. Entre os requisitos para optar ás subvencións, que manteñen o prazo de presentación aberto desde hoxe e ata o 26 de xaneiro, están que estes festivais teñan lugar entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017, posúan unha duración mÃnima de 4 xornadas con polo menos 20 proxeccións e teñan realizado tres edicións consecutivas anteriores á publicación da convocatoria. Ademais, cómpre que a programación proposta conteña un 5% de tÃtulos ou cinco sesións de filmes producidos en Galicia ou dirixidos por profesionais galegos. Este é o cuarto ano que está activa esta liña de apoio que beneficiou este ano 2016 a Play-Doc de Tui, o Festival Internacional de Cine CurtocircuÃto de Santiago de Compostela, o Festival de Cans, a (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, o Festival Internacional de Curtas FIC-Bueu e o FKM Festival Internacional de Cinema Fantástico da Coruña.