O Diario oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) convoca as subvencións a festivais de artes escénicas. O ente público dependente da Xunta destina a estas axudas un orzamento total de 190.000 euros, cantidade igual que o pasado ano 2019 e que non chegou a esgotarse. Na resolución de bases e convocatoria Agadic asegura ser conscientes do momento crÃtico polo que está a pasar o sector cultural, como consecuencia da pandemia ocasionada polo COVID-19, e da crise producida a nivel social polo cal entende que requÃrese a adopción de medidas e accións que permitan apoiar o sostemento dos festivais de artes escénicas de Galicia, a través da convocatoria destas bases. No relativo ás condicións esta adecuación vese por exemplo no cambio dun dos requisitos de acceso ás axudas, rebaixando dun mÃnimo do 50% (2019) ao 30 % as representacións escénicas que teñen que ser con entradas de pagamento, excepto os festivais de rúa e, por vez primeira, contemplando do mesmo xeito os celebrados en liña que tamén quedan exentos desta porcentaxe. Tamén aumenta o requisito de presenza de compañÃas galegas ou maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia que neste caso deberá ser de ata o 60% cando na anterior convocatoria de 2019 quedaba no 20% mÃnimo. Poden acceder a esta liña de subvencións os eventos que se adecúen a estes requisitos e cuxa celebración tivese xa lugar ou vaian celebrarse entre o pasado 1 de novembro do ano 2019 e o 31 de outubro do ano 2020.