A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) fixo pública a resolución das subvencións da Xunta a festivais de música, a través da que este ano lles achega 340.000 euros a 16 eventos que xa se celebraron ou van celebrarse neste ano en curso. Esta cifra supón un incremento de 60.000 euros respecto á dotación reservada en 2018 para a modalidade de música desta convocatoria e outros tantos respecto á dotación reservada en 2017, o que demostra unha aposta firme por parte do Executivo a estes eventos que considera estratéxicos, e para os que ademais conta cunha liña de patrocinios adicional a través da marca FEST Galicia, dotada este ano con 350.000 euros e da que forman parte na actualidade 12 eventos, dos que once reciben adicionalmente unha subvención nesta resolución de Agadic. A través destas axudas, a Xunta de Galicia busca contribuÃr á consolidación dun mapa galego de festivais de carácter profesional, asà como a dinamizar a contratación artÃstica e a creación de públicos. Dos dezaseis festivais destinatarios destas axudas só catro deles non están organizados desde unha empresa; tres desde asociacións culturais e un desde un Concello.
O meirande dos eventos deste tipo en Galicia, o Resurrection Fest da empresa Old Navy Port Producciones S.L., recibe tamén a meirande subvención, con 43.254 euros desta liña de axudas da Xunta; seguido está o PortAmérica de Caldas de Reis, con 34.003 euros da empresas Esmerarte Industrias Creativas S.L. Son cinco os festivais que se incorporan por vez primeira a esta listaxe de beneficiarios: Vive Nigrán (con 15.699 euros), 17º Ribeira Sacra (con 21.136 euros), Castañazo Rock (con 12.091 euros), Fanzine Fest (con 4.100 euros); e o último Melona Fest 3.518,24 euros). O Melona Fest 4 é un dos tres proxectos subvencionados que están xestionados por unha Asociación Cultural ( La Melona), xunto co Castañazo Rock da AC O Castañazo e o Morrasound Rock Festival 2019 da AC Fontenla (6.383,51 euros).
A dotación restante distribúese entre outros 8 festivais, un xa celebrado e organizado desde un Concello, como o FIV de Vilalba, subvencionado con 22.487 euros. Por desenvolver as súas vindeiras edicións están o Festival Sinsal SON Estrella Galicia na Illa de San Simón do 25 ao 28 de xullo, cofinanciado pola Agadic con 21.175 euros; o Atlantic Fest, do 26 ao 28 de xullo na Illa de Arousa e que percibirá 26.856 euros, o SonRÃas Baixas en Bueu do 1 ao 3 agosto, con 26.998 euros; o Revenidas en Vilaxoán (VilagarcÃa de Arousa) do 9 ao 11 de agosto, con 26.895 euros; o Festival de la Luz en Boimorto (do 6 ao 8 de setembro), con 26.699 euros; o WOS Festival x Son Estrella Galicia en Santiago do 11 ao 15 de setembro, con 24.230 euros; e Cantos na Maré en Pontevedra do 13 ao 15 de setembro, con 21.468 euros.