As subvencións a festivais escénicos e musicais aumentan nun 18 por cento

Agadic ven de publicar a convocatoria no DOG

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de subvencións da Agadic a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional cunha dotación de 460.000 euros. Esta cifra, que supón un incremento do 18% (70.000 euros) respecto á dos dous anos anteriores, distribuirase en 280.000 para os eventos musicais e 180.000 para os de escena. O reparto do aumento é moi desigual xa que incremento meirande é no Apartado de festivais musicais que aumenta en 60.000 euros, mentres que os eventos escénicos só ven aumentar a súa dotación en 10.000 euros. A través desta axudas, que poden solicitarse ata o 30 de abril, a Xunta de Galicia contribúe á consolidación dun mapa galego de festivais de carácter profesional, ademais a dinamizar a contratación artística e a creación de públicos nestes sectores culturais.

Segundo as bases que poden consultarse no web do Diario Oficial de Galicia, son obxecto desta convocatoria os festivais celebrados entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018, organizados por entidades privadas ou por administracións locais, cunha traxectoria de polo menos dúas edicións anteriores e que ofrezan nos seus carteis un mínimo de seis compañías ou grupos, entre outros requisitos.
Festivais de carácter afeccionado
Así mesmo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca hoxe as subvencións destinadas a organizacións sen ánimo de lucro e concellos ou agrupacións de concellos para os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2018. A contía total destas axudas ascende a 50.000 euros e o prazo para a presentación das solicitudes remata tamén o 30 de abril.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Xunta de Galicia, Educación, Consellería de Cultura...