
No local da tenda Rei Zentolo, na compostelá Rúa do Vilar, Queca Losada exerceu de principal representante do Festival do can amarelo en ausencia do director do mesmo Alfonso Pato e presentou a imaxe gráfica deste ano para o evento que estará en cartaces, camisetas e outros elementos de mercadorÃa habituais e que basea a imaxe deste ano na caracterÃstica de colaboración popular do evento. O acto contou tamén coa presenza de Alfonso MÃguez , protagonista da pelÃcula Historia de un satélite , das irmás coruñesas e residente en Utah, Sonia e Miriam Albert-Sobrino, estrea mundial coa que abrirá o festival. Outro Alfonso, Zarauza, presentou tamén a lista de membros do xurado que el mesmo preside nesta edición tras ter participado con pelÃculas propias en anos anteriores. Catro mulleres e tres homes conforman a equipa xuÃz deste ano: a actriz Sonia Castelo; a xornalista del canal de TVE La 2, Mara Torres; a montadora Diana Toucedo; LuÃsa Romeo, de Frida; o director asturiano José Manuel Kirós; o actor César Goldi e o propio Zarauza. No acto de hoxe ante os medios tamén se presentou a canción oficial desta edición do festival, que como sempre conta cun programa musical e de actos que se engade ao puramente audiovisual. Eladio Santos, lÃder da banda Eladio y los Seres Queridos, é o compositor e intérprete da canción Se ti ves comigo a Cans para a que dixo inspirarse en moitos elementos animistas e que interpretou en directo para os presentes. O 25 de abril sairán á venda en liña os primeiros 600 paquetes do festival que por 20 euros máis gastos inclúen a entrada ao festival, a camiseta, unha chapa especial e mailo programa.
A Historia dun Satélite - Anuncio en Galego 2015 from ALSO SISTERS on Vimeo.