A exclusión do Festival de Cans da convocatoria de subvencións para eventos audiovisuais da Agadic sitúa esta cita en "situación de incertidume" a dous meses da súa celebración. A organización do evento denuncia que a resolución da Axencia Galega das Industrias Culturais deixou fóra das axudas o festival do Porriño por un "defecto de forma" na entrega de documentación e sinala a súa intención de recorrer esta decisión. Os responsable de Cans sinalan ademais que outros catros eventos, Curtocircuito e Cineuropa de Santiago, Freakemacine da Coruña e Primavera do Cine de Vigo, viven situacións análogas e tamén presentarán reclamacións ante esta decisión. Segundo explican nun comunicado, os problemas para presentar as solicitudes por vÃa electrónica, procedemento que era obrigatorio por vez primeira, está detrás dos sinalados defectos.
Segundo recolle o web do festival, Cans solicitara 29.000 euros de axuda, preto da cuarta parte do seu orzamento. "Non dispoñer desta cantidade, deixa a Cans nunha situación de incertidume total a dous meses da celebración do seu festival, prevista entre os dÃas 24 e 27 de maio". A Agadic repartiu as súas axudas entre só catro eventos nesta última convocatoria.