A reclamación que o festival de Cans anunciou sobre a resolución das axudas a festivais audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturas (Agadic) está a dar moito que falar estes dÃas. O evento do Porriño denunciaba esta semana que canda ao mesmo, catro festivais de cine de grande importancia no paÃs, Curtocircuito, Cineuropa, Freakemacine e Primavera do Cine quedaran sen axuda por problemas técnicos que impediran a presentación telemática da solicitude. Onte o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais o director da Agadic, Jacobo Sutil, anunciaban que solicitaran un informe á Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para comprobar se os eventos iniciaran o proceso de presentación electrónica da documentación e se se producira algunha incidencia que lles impedise completar o procedemento.
Esta mesma mañá a Agadic publicou unha nota na que sinala que, segundo o informe de Amtega, unicamente está rexistrada unha tentativa incompleta de presentar a documentación por parte do festival Primavera de Cine, sen que haxa constancia de que ningún dos outros eventos iniciase este procedemento. Segundo o mesmo texto, tampouco figura ningunha incidencia aberta no servizo de soporte técnico que existe para estes casos. A Axencia lembra asimesmo que a Lei de Procedemento Administrativo, de carácter estatal, "establece a obriga da presentación telemática da tramitación para todas as persoas xurÃdicas", e que a convocatoria de axudas establecida especificamente que este serÃa o único medio de presentación.
AsÃ, para a entidade "o feito de que estes festivais non foran admitidos na convocatoria de axudas da Agadic a festivais audiovisuais non responde a ningunha decisión unilateral nin arbitraria. Tampouco se pode falar dun defecto de forma, senón dun incumprimento flagrante do estipulado nas bases". Tamén lembra que están abertas "as vÃas ordinarias de reclamación" para as citas afectadas. Os festivais que agora reclaman presentaron as súas solicitudes por correo certificado, segundo explicaba o comunicado do Festival de Cans.