Seis eventos audiovisuais repartirán as axudas de AGADIC

O orzamento de apoio a festivais suma 90.000 euros

27/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Play-Doc de Tui é o evento audiovisual que recibirá este ano máis apoio das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para festivais deste tipo. En total, o encontro de documentais contará con 23.820 euros dos 90.000 que a AGADIC destina a estes fins. O Festival de Cans, con 22.196, é a segunda cita que recibe maior apoio, mentres S8, a Mostra de Cinema Periférico da Coruña, recibirá 18.542 euros desta liña de axudas. O veterano Cineuropa, de Compostela, con 17.463 euros, o Freakmacine da Coruña (4.925) e mais as Xociviga do Carballiño (3.052) son os outros eventos beneficiados por esta liña de axudas.

Con respecto ao pasado ano, nesta edición das axudas caen o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal e mais Curtocircuíto, mentres Freakmacine, Xociviga e Cineuropa recíbenas por vez primeira.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, Cineuropa, Documentais...