Trece festivais de artes escénicas reparten as axudas da Agadic

A convocatoria de apoio a estes eventos conta cun orzamento de 280.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Trece festivais de artes escénicas reparten as axudas da Agadic

Un total de trece eventos reparten as subvencións a festivais de artes escénicas que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A resolución desta convocatoria sumou unha proposta ás beneficiadas en 2024, a repartir un orzamento total de 280.000 euros.

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas encabeza a listaxe de beneficiarios, con 49.638 euros de apoio. Séguea o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo que suma 49.140 para a súa vindeira edición e o Galicreques, que obtivo 42.368. O Festival de Títeres de Redondela, con 23.113, o Titiriberia de Rianxo, que leva 20.796, e o Festival Singular de Monólogos de Narón, con 20.586 son as seguintes iniciativas con máis apoio.

Fan tamén parte da listaxe o Festival Internacional de Teatro de Ourense (17.365), o Festaclown de Vilagarcía (14.633), o Sacra Festival (13.209), o festival de improvisación Imperdible (14.060 euros), o Desfoga (7.504), , a Mostra de Teatro de Cariño (4.466) e o Danza no Claustro, que fecha a lista de beneficiados con 3.115 euros de subvención.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais, Teatro, Danza...