A Xunta distribúe 540.000 euros entre 28 eventos na resolución da convocatoria de axudas a festivais de artes escénicas e de música que ven de publicar. En concreto, achéganse 340.000 euros a 19 propostas na modalidade para eventos musicais e 200.000 euros a nove mostras escénicas adxudicatarias. Este ano retomouse a convocatoria da modalidade dirixida a festivais de música despois de que en 2020 tivera que ser substituÃda por outras vÃas de apoio ao sector ante a maioritaria cancelación ou adaptación dos seus formatos habituais. Pola súa banda, a modalidade de artes escénicas, que si se convocou o ano pasado, experimenta un incremento orzamentario do 5% para situarse nos 200.000 euros.
No caso dos eventos musicais, a resolución de adxudicación publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) recolle seis citas que se incorporan por primeira vez a esta listaxe de beneficiarias: o Festival Underfest de Vigo con 14.552 euros, o Vilablues Noia Fest con 11.730 euros, o Festival dos Eidos en Folgoso do Courel con 8.354 euros, o Musgo de Ourense con 2.474 euros, o Canteira Fest de Vilaboa con 1.741 euros e o Festival Secreto de Vigo con 1685 euros. A dotación restante distribúese entre outros 13 festivais, como o Festival SonrÃas Baixas (31.781 euros), que dá comezo hoxe mesmo en Bueu; PortAmérica en Caldas de Reis (31.7423 euros), Resurrection Fest Limited en Viveiro (30.903 euros), Atlantic Fest en VilagarcÃa de Arousa (30.658 euros), Festival de La Luz en Boimorto (28.396 euros), Revenidas de Vilaxóan en VilagarcÃa de Arousa (27.901 euros), Maré Músicas e Artes Atlánticas en Santiago de Compostela (23.661 euros), WOS Festival x Son Estrella Galicia tamén en Santiago (21.629 euros), Festival Sinsal Son Estrella Galicia na illa de San Simón en Redondela (21.402 euros), 17º Ribeira Sacra Festival en Chantada, Monforte de Lemos e Sober (20.927 euros), Vive Nigrán (19.149 euros), Melonafest de Santiago (8.106 euros) e Morrasound Rock Fest de Moaña (3.206 euros).
En canto á modalidade de axudas para encontros de artes escénicas, o festival de monólogos Singular de Narón, que celebrou a súa sexta edición o pasado mes de marzo, súmase este ano á relación de mostras subvencionadas, entre as que tamén se atopan o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo (42.119 euros), Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (40.373 euros), Festival Internacional Galicreques de Santiago (32.074 euros), Mostra de Teatro Galego de Cariño (21.335 euros), Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO, 20.386 euros), Festaclown de VilagarcÃa de Arousa (15.380 euros), Festival Internacional de TÃteres de Redondela (9.869 euros) e o Festival Corpo (a) Terra de Ourense (9.491 euros).