O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases e convocatoria de subvencións para a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado. Esta liña de axudas da ConsellerÃa de Cultura está dirixida a sufragar os gastos correntes derivados da realización deste eventos por parte de institucións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos. Cun orzamento de 30.000 euros para as institucións sen fins de lucro e 20.000 euros para as entidades locais, estes importes repartiranse totalmente entre os proxectos que se presenten en función da puntuación obtida e cun máximo por beneficiario de 6.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 70 % do orzamento total do proxecto que se vaia realizar. O orzamento total de 50.000 euros das partidas no variou respecto á convocatoria do pasado ano.Os trámites para a presentación da solicitude destas subvencións deben levarse a cabo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia