Vinte e seis proxectos culturais de carácter afeccionado reciben subvencións autonómicas

Repártense 50.000 euros entre institucións sen fin de lucro e concellos para financiamento dos gastos correntes

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Dezasete institucións sen ánimo de lucro veñen de ser beneficiarias de subvencións autonómicas para o financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado. Nove concellos recibirán tamén axudas deste tipo. A resolución desta convocatoria publicouse hoxe no DOG dando destino aos 50.000 euros que o goberno da Xunta destinou a esta liña de axudas por concorrencia competitiva para o ano 2018. Entre a partida destinada a institucións sen fin de lucro é a ACDM Armadiña de Combarro a que consegue a maior axuda con 4067,24€ para a organización do Armadiña Rock que este ano fai o seu 10 aniversario entre os días 24 e 26 de agosto. A relación completa de beneficiarios e subvencións asignadas aparece na disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenacións Universitaria.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Rock, Educación, Consellería de Cultura...