Vinte eventos de artes escénicas e musicais reciben as axudas da Xunta ao sector afeccionado

O DOG publica hoxe a resolución destas subvencións para o ano en curso

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Trece organizacións sen ánimo de lucro e sete concellos recibirán este ano axudas da liña de subvencións destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado. En total a Consellería de Cultura; Educación Formación Profesional e Universidades repartirá o total do orzamento, 50.000 euros, concedidos en réxime de concorrencia competitiva que contribuirán á realización de vinte eventos en contías de entre 2.000 e 4.000 euros. Na lista de beneficiados están programas tan coñecidos e con tanta solidez na oferta cultural como o 35º Festival de Poesía do Condado; a VII Ed. Mulleres Creando; XXX Mostra de instrumentos da Asociación Gaiteiros Galegos; o Festival Agrocuir da Ulloa; XIX Festival Terra Brava; XVII Festival Arteficial ou XXX Revoltallo Música e Cultura Emerxente de Valladares, entre outros. O Diario oficial de Galicia publicou hoxe a resolución de adxudicación destas axudas.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Mulleres, Poesía, Educación...