Cultura destina 400.000 euros a subvencións para equipamentos

A convocatoria diminúe en 100.000 euros a respecto do pasado ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Concellos, agrupacións de concellos e entidades públicas locais poden concorrer ás subvencións que convoca a Consellaría de Cultura para "o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais". O DOG recolle hoxe a convocatoria na que se distribúe un total de 400.000 euros, 100.000 menos do que no pasado ano, e dos que un 80% proveñen dos fondos FEDER da Unión Europea.

Os subsidios cobren a "realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala, sistemas de prevención e seguridade e novas tecnoloxías, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas" e teñen unha contía máxima de 50.000 euros por solicite, que asceden a 57.000 no caso de solicitudes conxuntas.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feder, Unión Europea

Claves

Entidades
Conceptos