Cultura elimina axudas a asociacións e a concellos

Dúas orde revogan as convocatorias de xaneiro pasado por valor de 900.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas ordes polas que a Consellaría de Cultura deixa sen efecto senllas convocatorias de subvencións do pasado mes de xaneiro. Por unha banda, suprímense as axudas a concellos para o equipamento e mellora de locais destinados a actividades culturais, para o que se destinaban 600.000 euros achegados polos fondos Feder da Unión Europea. Pola outra, as axudas a asociacións culturais para desenvolver as súas actividades, cun orzamento de 300.000 euros dos mesmos fondos, tamén fican sen efecto. A eliminación destas subvencións dase unha semana despois que a Xunta eliminase as convocatorias de apoio á normalización nos concellos e á edición de libros de texto en galego. Nesta ocasión, apúntase a necesidade de revisar os orzamentos "ante o xurdimento de necesidades novas e non previstas no momento da aprobación da convocatoria de subvencións".

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Feder, Unión Europea, Ordes

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares