Educación suprime as axudas á edición de libros de texto e á normalización local

O DOG de hoxe anuncia que as convocatorias xa realizadas "quedan sen efecto" por axustes orzamentarios

9/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
19 lecturas | Compartido 0 veces

As convocatorias de axudas que o pasado mes de marzo facía a Consellaría de Educación para a edición de libros de texto en galego ("edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios") e de apoio á normalización para concellos (subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega) quedan "sen efecto". Así o anuncia o Diario Oficial de Galicia de hoxe, que publica senllas ordes do día 7 nas que a Consellaría apela ao "necesario equilibrio entre ingresos e gastos" que "exixe nestes momentos efectuar un axuste nos créditos inicialmente asignados aos diferentes centros de gasto que conforman os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia". Para alén, responsabiliza o goberno central da falta de fondos, indicando que a medida se adopta "ante os posibles incumprimentos, por parte do Estado, dos compromisos de achegas de anticipo do fondo de cooperación previsto para 2011 no sistema de financiamento e nos ingresos da comunidade".


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Lingua galega, Consellaría de Educación, Goberno Central...