O Diario Oficial de Galicia recollÃa este 3 de xuño a convocatoria de "subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios". Esta liña de axudas, que supón un importante apoio ao sector editorial galego, conta nesta edición cuns fondos totais de 200.000 euros, o que supón un incremento do 18% a respecto do pasado ano. As editoriais interesadas en participar desta liña poden solicitar as axudas ata o vindeiro 3 de xullo.
Segundo establece a ConsellarÃa de Cultura, "poderán acollerse a esta orde os proxectos didácticos curriculares editados en lingua galega e quedará excluÃda a edición de material didáctico para o nivel universitario, os libros de bibliófilo, as publicacións de difusión gratuÃta, as obras que non sexan primeira edición, os proxectos con contidos idénticos aos xa subvencionados nalgunha das tres últimas convocatorias, os libros publicados por clubs do libro ou entidades similares, e os libros de creación literaria, dicionarios e enciclopedias".