A Xunta mantén en 170.000 euros as axudas a recursos didácticos en galego

As subvencións cobren proxectos destinados a niveis non universitarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Ao igual que o ano pasado, a Consellaría de Educación e Cultura achega un orzamento de 170.000 euros para esta liña, á que poden optar editoras do país. A convocatoria esixe que os proxectos presentados estean en galego agás proxectos trimestralizados de primaria "nos cales, cando menos, o 60 % da proposta se realice en lingua galega e nos cales as materias de obrigada impartición en galego, segundo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, estean en galego". Os proxectos presentados teñen que ter unha tiraxe mínima de mil exemplares no caso dos impresos e de 500 no dos multimedia, e o prazo para optar as subvencións estará aberto durante un mes a partir de mañá.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Educación, Consellaría de Educación