As axudas á produción audiovisual manteñen a súa contía en 2012

Os proxectos galegos poderán a optar a subvencións por valor de 2.900.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega. Un total de 2.900.000 euros distribuiranse entre os proxectos audiovisuais producidos ou coproducidos no noso país. A contía é a mesma que na convocatoria do pasado ano, e cubrirá a fondo perdido ata o 50% do investimento subvencionable de longametraxes, filmes para televisión, óperas primas ou longas documentais.