As axudas a salas privadas de artes escénicas recuncan con 150.000 euros

A Agadic convoca esta liña de subvencións para 2020

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada para 2020. A orde recolle, ao igual que o pasado ano, un orzamento total de 150.000 euros que se divide á metade entre fondos destinados a cubrir gastos correntes destes espazos e os que apoiarán investimentos vencellados á programación. As axudas, dun máximo de 60.000 euros por entidade beneficiaria cubrirán ata un 75% dos proxectos presentados. As entidades interesadas en participar desta convocatoria contan cun mes para presentar as súas solicitudes.

Entre os criterios que se terán en conta para a concesión das axudas están a antigüidade das salas, a pertenza da sala á Rede Galega de Salas, o proxecto de programación, o número de funcións a desenvolver, a presenza de compañías galegas, os días abertos cada ano, a realización de actividades complementarias ou a existencia de propostas de comunicación e difusión.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Rede Galega de Salas, Axencia Galega das Industrias Culturais