A Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións para a modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, unha liña de axudas por concorrencia competitiva destinadas a "cubrir o investimento dedicado á transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión". As axudas contan cun orzamento cun crédito total de 880.046,81 euros, con cargo ao 100% nos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE. Esta é a segunda convocatoria desta liña de subvencións que o pasado ano contou cunha dotación de máis de 1.210.000 euros.
Poderán beneficiarse destas subvencións persoas fÃsicas (autónomas) e persoas xurÃdicas privadas que teñan social ou estatutariamente como obxecto social a organización ou desenvolvemento de espectáculos de artes escénicas ou musicais, asà como entidades públicas que integran a Administración local e organismos dela dependentes so solicitantes de carácter privado teñen asignada unha partida de 280.046,81 euros, mentres que as entidades da Administración local contarán con ata 600.000 euros. As asociacións, fundacións ou outras formas xurÃdicas sen ánimo de lucro no poderán acceder a esta liña de axudas.
Entre as accións elixibles que se financiarán a través deste liña de axudas está a modernización de sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede; a modernización dos sistemas de iluminación dixital e dos sistemas de vÃdeo dixital; a modernización dos sistemas de xestión dixital de maquinaria escénica e das ferramentas e sistemas dixitais de xestión artÃstica e de produción de espectáculos nos recintos escénicos e musicais. Inclúense tamén a rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático.