O BoletÃn Oficial da Provincia da Coruña recolle hoxe as bases e convocatoria de axudas para o rescate do sector cultural que ven de sacar o Concello de Santiago de Compostela. O consistorio capitalino destina a estas subvencións un orzamento total de 300.000 euros destinados a cubrir gastos correntes relacionados coa actividade daquelas empresas do sector cultural con sede de actividade no municipio e que sufriran unha baixada de facturación igual ou superior ao 20% nos nove primeiros meses do 2020. Cada solicitante poderá obter ata un máximo de 3.000 euros de axuda ao gasto corrente xustificado incluÃndo alugueiros, seguros, subministros, nóminas e outros gastos. O procedemento de concesión non é competitivo porque o único criterio a ter en conta será a orde de rexistro de entrada das solicitudes, cuxo prazo de presentación inÃciase ao dÃa seguinte da publicación desta convocatoria no boletÃn e remata o vindeiro 15 de decembro.
Con esta convocatoria o consistorio cumpre a vontade amosada durante os meses de confinamento de levara a cabo accións especÃficas de protección deste sector especialmente afectado polas circunstancias da pandemia e as restricións sanitarias. Ademais destas axudas, o concello de Santiago abriu recentemente un formulario en liña para a inscrición voluntaria de todos os profesionais e empresas das industrias culturais do municipio coa fin de crear un directorio que permita poñer en valor e cuantificar a importancia do sector na cidade.