As subvencións a salas de artes escénicas para o ano 2019 aumentan en máis do dobre a anterior convocatoria ao dividirse entre os gastos correntes e os investimentos para programación propios da Rede Galega de Salas. A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases que rexen a convocatoria deste ano para salas de titularidade privada e abrir o prazo de solicitudes que estará vixente durante un mes. En total AGADIC reserva para estes apoios 150.000 euros, a metade dos cales conforman unha liña de axuda a gastos de funcionamento da sala (alugamentos, subministracións, gastos correntes e de servizos, seguros, gastos de xestorÃa, gastos do persoal contratado, etc.), e outro tanto que se destinará a financiar os gastos de investimentos vinculados á programación. Quedan fóra desta liña de subvencións as salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. As subvencións outórganse en réxime de concorrencia competitiva polo cal son varios os criterios valorábeis, o maior dos cales é o Proxecto de programación, con especial énfase na programación de compañÃas galegas. No pasado exercicio estas axudas convocáronse de xeito previo ao inicio do ano, en decembro de 2017 e contaban cun orzamento de 70.000 euros que agora se ve incrementado e ao que se engade a través desta vÃa o financiamento da programación da Rede Galega de Salas.