Agadic convoca as subvencións para salas privadas de artes escénicas

A partida orzamentaria mantense igual que desde 2019 cando foi aumentada

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as bases da convocatoria de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada. Estas axudas contarán este ano co mesmo orzamento asignado nas dúas convocatorias anuais anteriores – 150.000 euros- desde que foi aumentada para o ano 2019 por riba do dobre no que estaban previamente (70.000 euros). Esta liña de axudas están dirixidas ás persoas físicas (autónomas) e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades, que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2021. Exclúese a salas pertencentes a asociacións ou entidades sen ánimo de lucro. A resolución das subvencións farase por concorrencia competitiva e o máximo a percibir por unha proposta é de 60.000 euros.

Os criterios que se terán en conta para a concesión das axudas baséanse en varios puntos entre os que están a antigüidade das salas, a pertenza da sala á Rede Galega de Salas, o proxecto de programación, o número de funcións a desenvolver, a presenza de compañías galegas e os días abertos cada ano (recóllese neste punto todo tipo de actividades complementarias, presentacións, etc.). Valóranse tamén os proxectos que conteñan actividades dos seguintes programas: fomento de novos creadores, programas formativos, programas de colaboración con centros de ensino, así como a existencia de propostas de comunicación e difusión.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Asociacións, Rede Galega de Salas, Ensino...