A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas convocatorias de subvencións dirixidas a apoiar a actividade escénica no paÃs, a través das axudas ás salas privadas e á creación escénica en diversas modalidades. A partida orzamentaria para as salas mantense en 150.000 euros, igual que desde 2019 cando foi aumentada. A destinada á creación escénica tampouco muda e mantense nos 800.000 euros a repartir en tres anualidades, coma en 2020, cando subiron un 23% respecto ao ano anterior. O procedemento de concesión destas dúas liñas de subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. No pasado ano trinta compañÃas profesionais galegas resultaron beneficiarias da convocatoria de subvencións á creación escénica, mentres que as salas Artika, Teatro Ensalle, Gurugú Teatro del Andamio, acadaron as axudas á programación dos recintos.
As subvencións á creación escénica recollen neste caso varias modalidades posibles e a distribución do orzamento entre os anos 2022 (200.000 euros), 2023 (500.000 euros) e 2024 (100.000 euros). Poderán optar os proxectos de acordo con diferentes modalidades: espectáculos de empresas de nova creación; creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia; danza e artes do movemento; actividade escénica plurianual. O groso do orzamento vai para esta última modalidade, contando con ata 100.000 euros como máximo para un proxecto.
No relativo ás salas esta liña prevé un máximo de axuda de 60.000 euros por entidade beneficiaria co lÃmite do 75 % do orzamento do proxecto presentado. Podendo subvencionarse para este recintos os gasto imputables a remuneracións por espectáculo, servizos técnicos e auxiliares e outros de carácter profesional necesarios para levar a cabo o obxecto da subvención, dereitos de autor, gastos de difusión en plataformas en liña ou streaming dos espectáculos realizados desde a propia sala, comunicación e publicidade, contratación de persoal vinculado ao proxecto e ata o 10 por cento de custos indirectos, tales como alugueiros, subministracións, gastos correntes e de servizos, gastos financeiros, de xestorÃa e seguros.