A Xunta apoia a edición de recursos didácticos en galego con 170.000 euros

O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro seis de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. En total son 170.000 euros aos que poden optar editoriais do país para garantir unha "oferta suficiente de materiais didácticos naquelas áreas en que a lexislación educativa determine que a lingua galega sexa a vehicular da súa aprendizaxe". As entidades interesadas en participar desta convocatoria teñen un mes a partir de hoxe para facer a súa solicitude.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega

Claves

Conceptos