Conságrase a redución de fondos para recursos didácticos en galego

O DOG publica hoxe a convocatoria, que conta con 50.000 euros menos

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Tal e como se adiantara na presentación dos orzamentos da Xunta para 2014, as subvencións para a edición de recursos didácticos en lingua galega para niveis de ensino non universitario seguen a caer. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para este fin cunha dotación total de 150.000 euros, o que supón unha mingua de 50.000 euros a respecto do pasado ano e continúa a tendencia decrecente desta partida.

A convocatoria, que se iniciou en 2008 cuns fondos de 1,05 millóns de euros veu desde entón diminuíndo a súa contía, pasando polos 400.000 euros de 2010 e ata a actual cifra. Editores, escritores e Asociación de Literatura Infantil e Xuvenil denunciaran recentemente nun manifesto a pegada que este recorte ten sobre o sector do libro galego.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Ensino, Editores, Manifesto...