Continúa a mingua das axudas de normalización aos concellos

A convocatoria deste ano prevé un total de 245.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. Desta volta, a Xunta destina un total de 245.000 euros a esta partida fronte aos 300.000 que dedicara o ano pasado. O recorte continúa unha liña que vén desde 2012, cando esta mesma finalidade contaba con 520.000 euros anuais de orzamento.

Os fondos, destinados a concellos con máis de 3.000 habitantes, poderán dedicarse á creación, mantemento ou reforzamento de servizos lingüísticos, así como a promover programas de dinamización da nosa lingua. As entidades interesadas en acceder a esta liña de subvencións teñen un prazo dun mes a partir de mañá para facer a súa solicitude.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega

Claves

Conceptos