O Diario oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas ás industrias culturais que fai a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
Estas subvención contarán en 2012 cun orzamento de 1.290.000 euros, o que supón unha redución fronte aos 1.370.000 euros da pasada convocatoria, na que xa sufriran un importante recorte. A maior parte da convocatoria vai para as as subvencións á actividade escénica, que conta con 700.000 euros, dos cales 550.000 están previstos para se executar en 2013, isto supón de novo un recorte fronte aos 850.000 comprometidos na anterior convocatoria.
As axudas á distribución, con 450.000 euros levan a segunda maior partida, o que incrementa este apartado en 150.000 euros a respecto do pasado exercicio. Desta volta, o asociacionismo profesional, ausente na orde de 2011, contará con 60.000 euros, mentres as salas de teatro privadas poderán optar a 70.000 e o programa crédito-cultura recunca contÃa con 10.000 euros de orzamento. Os interesados en acceder as estas liñas contan cun mes a partir de mañá para presentar a súa solicitude.