O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións á creación escénica que promove a Axencia Galega das Industrias Culturais. Esta liña de axudas ve incrementada este ano a súa contÃa en 150.000 euros a respecto do ano pasado e suma un total de 800.000. Como grande novidade, a convocatoria inclúe a creación dunha cuarta modalidade de subvencións destinadas á actividade escénica de carácter trianual, cunha dotación máxima de 200.000 euros.
Segundo sinala o texto do DOG "estas axudas van dirixidas a subvencionar, como máximo, dous proxectos escénicos que se desenvolveran durante os anos 2020-2022. Os proxectos deberán conter polo menos unha produción con data de estrea entre o 1 de abril de 2020 e o 1 de xaneiro de 2022 e un plan de xira de 70 funcións que consideren tanto o mercado galego como o exterior".
A nova liña absorbe a totalidade do incremento desta convocatoria e implica tamén unha redución nas outras modalidades de axuda. Se ben a liña de subvencións para espectáculos de empresas de nova creación mantense en 70.000 euros, as destinada a creación no ámbito do teatro, novo circo e maxia pasa de 470 a 430.000 euros. Do mesmo xeito, a modalidade para danza e artes do movemento perde 10.000 euros e fica con 100.000.
Segundo a convocatoria, os proxectos seleccionados para a modalidade de empresas de nova creación poderán contar cun máximo de 18.000 euros cada un e os de teatro, novo circo e maxia con 60.000, mentres en danza resérvanse 37.500 para cada iniciativa seleccionada. No caso das propostas plurianuais a contÃa máxima prevista para cada unha é de 100.000 euros.
As iniciativas interesadas en se presentar a este convocatoria dispoñen dun mes a partir deste 20 de febreiro.