AGADIC convoca a súa liña de axudas á creación escénica

O orzamento mantense desde o ano 2020 en 800.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia ven de abrir unha nova convocatoria de axudas destinadas á creación escénica en Galicia. As bases publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia non presentan cambios importantes respecto a anteriores convocatorias no relativo ao orzamento e reparto, mantendo a partida da axencia pública nos 800.000 euros que ten asignados desde o ano 2020, cando subiron un 23% respecto ao ano anterior. As subvencións á creación escénica volven a repartirse entre varias modalidades posibles: espectáculos de empresas de nova creación; creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia; danza e artes do movemento; actividade escénica plurianual. A meirande das partidas dedícase á creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia que conta con 430.000 euros cunha contía máxima por proxecto de 60.000 euros, mentres que os proxectos de actividade escénica de carácter plurianual poden chegar a recibir ata 100.000 euros. Dúas propostas plurianuais, sete compañías de recente creación, cinco iniciativas de danza e quince espectáculos de maxia, novo circo e teatro conformaron o pasado ano o alcance destas axudas á creación escénica.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Xunta de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais