A convocatoria para axudas á creación escénica publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia non muda as súas condicións e orzamento respecto á anterior, mantendo unha contÃa total de 870.000 a distribuÃr en tres anualidades. No reparto por categorÃas de creación escénica tampouco hai cambios, as bases destinan 70.000 euros para empresas de novas creación, 400.000 para o ámbito do teatro, novo circo e maxia, 100.000 en proxectos de danza e artes do movemento e 300.000 para actividade escénica de carácter plurianual, que cubrirá propostas ata o ano 2027. Estas últimas están destinadas a compañÃas que teñan desenvolvido a súa actividade sen interrupción nos últimos dez anos, mentres nas de empresas de nova creación non deben ter mais de 5 anos e teñen que estar compostas nun 75% por persoas nadas a partir de 1991 (un ano máis que na anterior convocatoria). O pasado ano estas axudas chegaron a apoiar a 30 novos espectáculos escénicos, dos que 19 foron montaxes teatrais, sete de danza e catro de circo, repartindo o total do orzamento previsto. Os prazo de presentación de solicitudes comezan mañá, 24 de decembro, ata o 23 de xaneiro de 2026.

